miércoles 22 de octubre de 2008

RePiChoCaaa!!


Boas a todos!
Como xa sabedes, este sábado día 25 (cumpleanos da Lore!!!) no Feal, organizouse unha Repichoca a favor da ONG Lena.
Haberá churrascada e moita música a partir das 7 da tarde!
E todo iso por só 10 €!!
Espero que todos estemos alí!
un bicooo!!!

CaRLiNhA**

jueves 11 de septiembre de 2008

Fin de verán....


Saúdos de novo a todas e todos!

despois de moito tempo sen actualizar o blog, vai sendo hora de poñernos ó día...


o verán estivo sembrado de festas, concertos e celebracións varias, polo que non podemos queixarnos, pero a tempada outono-inverno de este curso 2008/2009 non vai ser menos, polo que os vou adiantando as próximas datas destacadas:


.:. 19-21 de setembro: Viaxe a Portugalete



.:. 27 de setembro: Concerto de Lamatumba

Lugar: DZine (San Sadurniño)

Hora: 12 da noite (teño entendido)



.:. 4 de outubro: Cea finais de verano/principios de Curso

Lugar: Centro de reunións de Airiños (Meirás)

Hora: a concretar



Sen máis novedades de contar por agora, moitos bicos e apertas a todos!!



CarLiNhA**


lunes 18 de agosto de 2008


Ola xente de Airinhos:
Escribo esta entrada co gaio da celebración do XXIX Festival Irmandiño de Moeche, un dos festivais mais enxebres de toda Galicia. Celebrarase os dias 22 e 23 de Agosto o dia 22 habera Repichoca(a nosa especialidade) a partires das 22:30 e o sábado festival folk a cargo de :
Ophiusa de Santiago
Korrontzi de Euzkadi
Bonovo de Terra de Trasancos
Motor Perkins de Galiza

En fin dicir k no medio dos concertos farase o mítico asalto o castelo e k seria mais k interesante asistir o festival Irmandiño

Unha aperta

Muinhos

jueves 19 de junio de 2008






eiii
cómo estades??
eu feliz coma unha perdiz!!jejeje
mañá xa estou en meirás!!e xa vos vexooooooo
yuhuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu
hoxe vou mercar pola tarde as entradas para o día 27..o GRAN FESTIVAL!!! e as grandes festas de ourense xa se ven!!! e esperan por nós!!!! marcos, tania, natalia, luis e eu o venres...e alberto e anita o sábado tamén!
festa festa festa rapaciñosss jejeje

bueno, a outra "cosa mariposa"
onte Lorena iluminoume cunha idea jaja
díxome q como eu era a xefa de airiños e como gustábanme tanto as ras...e estabamos buscando unha imaxe para airiños del campito...pois que poderíamos utilizar unha imaxe dunha rá graciosa como logotipo!!
que vos parece??
está ben non??

poderíamos facer nos, ou encargarlle a alguén o diseño da rá non??
e facer dunha ...... vez as camisetas!!

bueno, xa diredes!!
un bico enorme e vémonos mañá...e festa en castro!!
:P

CaRLiNhA***

miércoles 11 de junio de 2008


Saúdos!
Bueno, como xa vos contei, os días 27 e 28 de xuño, en Ourense, celébrase o FAX Festival, o Festival Alternativo da Xuventude.
Este ano actuan grupos como: Lamatumbá, Amparanoia, The Ellas ou Ivan Ferreiro, entre outros moitos.
Eu propuxen que viñérades todos ó Festival, pero creo que o mellor día é o 27, o venres, que actúan Lamatumba, Amparanoia, The Ellas e demáis.
A entrada custa 15 € por día, asi que o sábado o que podemos facer, en vez de ir ó Festival, é sair por Ourense e así coñecedes a FESTA (con maiúsculas) que hai na "cidade esquecida de Galicia"...jeje
Ademáis, segundo teño entendido, o domingo Alberto ten unha competición ou algo parecido aqui en Ourense, asi que poderíamos quedar na miña casa toda a fin de semana e facer turismo tamén!! jijiji

Gustaríame saber cantos viríades para coller as entradas a semana que ven...
cantos máis mellor!!

un bico a todos!

CaRLiNha***

jueves 5 de junio de 2008

Presentación do XV Festival do Río Castro


Hoxe quero anuncirvos que este sábado, día 7 de xuño, terá lugar a presentación do XV Festival do Río Castro, na Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío ás 18 horas.

Na presentación actuarán a Escola de Baile "Mario Escudero" e o gaiteiro Antón Varela, presentando a tipoloxía da gaita galega.

Dicir que ó rematar a presentación, haberá degustación de xamón escaldado e unha repichoca na que poderá participar todo o que estea interesado e teña moitas ganas de troula.

Organiza: Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío
Colaboran: Concello de San Sadurniño, ReiZentolo, Sargadelos e a Xunta de Galicia


Se podedes ir, non deixedes pasala oportunidade.

Bicos

lunes 26 de mayo de 2008

Ola xente de Airinhos:
Pois fai pouco k foi o dia das Letras Galegas e como di a xente da revista retranca ¿De que Normativa?...en fin parece entre normativas e bilingüismo (seica os k falan castelan están acjononados???????????? de k alguen fale galego!!!!!!!???? pero ken?) cada dia e mais dificil mante_la cordura neste pais.

Ben e despois da analise pseudopolítico-lingüistica (toma palabro jjjj) informovos k este venres hai repichoca nas Pontes coma todolos meses.
Tamen dicir k o final a actuación do dia 8 de xuño a Portugal (novedá) vai para a banda (mais novedá).

fonte da noticia http://revistaretranca.blogspot.com/ se podedes compradea Retranca da boa e orixinal.

Saudos

P.D: Parabens Luis polo teu aniversario.