miércoles, 22 de octubre de 2008

RePiChoCaaa!!


Boas a todos!
Como xa sabedes, este sábado día 25 (cumpleanos da Lore!!!) no Feal, organizouse unha Repichoca a favor da ONG Lena.
Haberá churrascada e moita música a partir das 7 da tarde!
E todo iso por só 10 €!!
Espero que todos estemos alí!
un bicooo!!!

CaRLiNhA**

jueves, 11 de septiembre de 2008

Fin de verán....


Saúdos de novo a todas e todos!

despois de moito tempo sen actualizar o blog, vai sendo hora de poñernos ó día...


o verán estivo sembrado de festas, concertos e celebracións varias, polo que non podemos queixarnos, pero a tempada outono-inverno de este curso 2008/2009 non vai ser menos, polo que os vou adiantando as próximas datas destacadas:


.:. 19-21 de setembro: Viaxe a Portugalete



.:. 27 de setembro: Concerto de Lamatumba

Lugar: DZine (San Sadurniño)

Hora: 12 da noite (teño entendido)



.:. 4 de outubro: Cea finais de verano/principios de Curso

Lugar: Centro de reunións de Airiños (Meirás)

Hora: a concretar



Sen máis novedades de contar por agora, moitos bicos e apertas a todos!!



CarLiNhA**


lunes, 18 de agosto de 2008


Ola xente de Airinhos:
Escribo esta entrada co gaio da celebración do XXIX Festival Irmandiño de Moeche, un dos festivais mais enxebres de toda Galicia. Celebrarase os dias 22 e 23 de Agosto o dia 22 habera Repichoca(a nosa especialidade) a partires das 22:30 e o sábado festival folk a cargo de :
Ophiusa de Santiago
Korrontzi de Euzkadi
Bonovo de Terra de Trasancos
Motor Perkins de Galiza

En fin dicir k no medio dos concertos farase o mítico asalto o castelo e k seria mais k interesante asistir o festival Irmandiño

Unha aperta

Muinhos

jueves, 19 de junio de 2008






eiii
cómo estades??
eu feliz coma unha perdiz!!jejeje
mañá xa estou en meirás!!e xa vos vexooooooo
yuhuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu
hoxe vou mercar pola tarde as entradas para o día 27..o GRAN FESTIVAL!!! e as grandes festas de ourense xa se ven!!! e esperan por nós!!!! marcos, tania, natalia, luis e eu o venres...e alberto e anita o sábado tamén!
festa festa festa rapaciñosss jejeje

bueno, a outra "cosa mariposa"
onte Lorena iluminoume cunha idea jaja
díxome q como eu era a xefa de airiños e como gustábanme tanto as ras...e estabamos buscando unha imaxe para airiños del campito...pois que poderíamos utilizar unha imaxe dunha rá graciosa como logotipo!!
que vos parece??
está ben non??

poderíamos facer nos, ou encargarlle a alguén o diseño da rá non??
e facer dunha ...... vez as camisetas!!

bueno, xa diredes!!
un bico enorme e vémonos mañá...e festa en castro!!
:P

CaRLiNhA***

miércoles, 11 de junio de 2008


Saúdos!
Bueno, como xa vos contei, os días 27 e 28 de xuño, en Ourense, celébrase o FAX Festival, o Festival Alternativo da Xuventude.
Este ano actuan grupos como: Lamatumbá, Amparanoia, The Ellas ou Ivan Ferreiro, entre outros moitos.
Eu propuxen que viñérades todos ó Festival, pero creo que o mellor día é o 27, o venres, que actúan Lamatumba, Amparanoia, The Ellas e demáis.
A entrada custa 15 € por día, asi que o sábado o que podemos facer, en vez de ir ó Festival, é sair por Ourense e así coñecedes a FESTA (con maiúsculas) que hai na "cidade esquecida de Galicia"...jeje
Ademáis, segundo teño entendido, o domingo Alberto ten unha competición ou algo parecido aqui en Ourense, asi que poderíamos quedar na miña casa toda a fin de semana e facer turismo tamén!! jijiji

Gustaríame saber cantos viríades para coller as entradas a semana que ven...
cantos máis mellor!!

un bico a todos!

CaRLiNha***

jueves, 5 de junio de 2008

Presentación do XV Festival do Río Castro


Hoxe quero anuncirvos que este sábado, día 7 de xuño, terá lugar a presentación do XV Festival do Río Castro, na Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío ás 18 horas.

Na presentación actuarán a Escola de Baile "Mario Escudero" e o gaiteiro Antón Varela, presentando a tipoloxía da gaita galega.

Dicir que ó rematar a presentación, haberá degustación de xamón escaldado e unha repichoca na que poderá participar todo o que estea interesado e teña moitas ganas de troula.

Organiza: Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío
Colaboran: Concello de San Sadurniño, ReiZentolo, Sargadelos e a Xunta de Galicia


Se podedes ir, non deixedes pasala oportunidade.

Bicos

lunes, 26 de mayo de 2008

Ola xente de Airinhos:
Pois fai pouco k foi o dia das Letras Galegas e como di a xente da revista retranca ¿De que Normativa?...en fin parece entre normativas e bilingüismo (seica os k falan castelan están acjononados???????????? de k alguen fale galego!!!!!!!???? pero ken?) cada dia e mais dificil mante_la cordura neste pais.

Ben e despois da analise pseudopolítico-lingüistica (toma palabro jjjj) informovos k este venres hai repichoca nas Pontes coma todolos meses.
Tamen dicir k o final a actuación do dia 8 de xuño a Portugal (novedá) vai para a banda (mais novedá).

fonte da noticia http://revistaretranca.blogspot.com/ se podedes compradea Retranca da boa e orixinal.

Saudos

P.D: Parabens Luis polo teu aniversario.

sábado, 17 de mayo de 2008


Bo día das Letras Galegas a todos!
....é bo saber que ó teu redor hai xente que ama e respeta Galicia coma min

lunes, 5 de mayo de 2008


ola a todos de novo!!!
despois de moito tempo, aqui estamos outra vez actualizando este blog...
ainda que polo que se ve nos ten moito éxito!jaja
pois nada, que esta fin de semana volvo a casa e penso que estaría ben cear todos xuntos o venres despois do ensaio, vos parece??
creo que é unha boa idea para poñernos ó día entre nós non?

espero que leades esto antes do venres!!
moitos bicos a todos e nos vemos o venres na gándara!!
:P

CaRLiNhA***

sábado, 19 de abril de 2008


Ola xente de Airinhos:

Pois estas próximas datas van estar cheas de actividades para facer. A comtinuacion enumerovos algunhas:

O dia 25 venres (meu santo jj) e a foliada mensual no "LAR" de As Pontes.

O dia 3 de Maio venres celebrarase A repichoca anual k vai xa pola 5º edición(ainda k o cartel e do ano pasado). Os k nunca fuchedes e unha festa onde tr_lo xantar poderase tocar ,bailar ata pedir acougo o corpo, a comida vale 20 euracos e haberia k avisar con antelación.

O dia 9 de Maio venres : Actucion de Treixadura en As Pontes tamen (uy k raro ) ainda k non e de balde , si e "barato" 2 euros anticipada 3 en taquilla.

en fin esto e todo (de momento) se vos apetece poderiamos ir a algunha delas
por troulear k non kde.

domingo, 16 de marzo de 2008

Ola

Saudos a todos

poño esta entrada para informarvos de que o martes 18 hai unha repichoca en Neda se alguen esta interesado en ir deixade un comentario ou enviademe un mail

Saudos

Marcos

viernes, 14 de marzo de 2008


oLaaaaa
hoxe toca ensaio da Banda e volvémonos xuntar todos!!
jiji
e bueno, hoxe so dicir que comezan as vacacións de Semana Santa e espero que podamos organizar unha troula para estos dias, xa que estou soíña que a miña familia vaise de vacacións...jajaja
bicos a todos e millóns de apertas!!!

CaRLiNhA***

martes, 11 de marzo de 2008

Xantar Gaiteiro


Boas aki vos traio unha nova k pode interesar a "Airinhos"

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidar a tódolo/as seus socio/as ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro domingo 30 de Marzo, ás 14:00 horas, no hotel Jorge I, (carretera de Oviedo, nº 89) , en Lugo.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados despois do xantar.

O menú consistirá no seguinte:
Cocido: Lacón, cacheira, soá, rabo, carne fresca, chourizo, butelo,
garbanzos, grelos, patacas.
Postre: Filloas con nata e mel, queixo con marmelo.
Auga, Viño da Ribeira Sacra, refrescos, café e chupitos.

Poñerase un servicio de autocar, cun custe de 5 €, dende as principais cidades galegas, a disposición de tódolo/as socio/as que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todo/as os interesado/as deberán indicar no momento de realizar a inscrición se desexan utilizar este servicio.

Para asistir ao XIII Xantar Gaiteiro, debedes facer a reserva antes do día 24 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó teléfono: 986 847 074

máis info en http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/

unha aperta
Muinhos

miércoles, 5 de marzo de 2008


Saúdos a todos
Aqui volvo, aínda que seguides sin comentar...
Bueno, so quería dicir que non vou poder sair este sabado, porque non vou estar recuperada, incluso non sei se poderei ir ó ensayo o venres...espero que si, aínda que teña que estar de pé! jajaja
Pero espero que vos o pasedes moi ben e que tomedes unha copiña por min, ou un copazo...!!jijiji
Moitos bicos para todos!!!

PD: pido dende aqui perdon a Miriam que era a que máis ganas tiña de ir... perdón....
:'(


CaRLiNhA

jueves, 28 de febrero de 2008

Punteiro Afinable


O Obradoiro de Gaitas “Lis”, dirixido polo artesán Lis Latas Vilanova, xunto co responsable do control de calidade do mesmo, Pepe Vaamonde, presentan o domingo 2 de marzo, ás 12:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela (San Domingos de Bonaval, s/n), o punteiro afinable. Este novo instrumento, desenvolvido e patentado polo mencionado Obradoiro, é nado da demanda continua dos músicos, por conseguiren un punteiro que lles dea amplitude de afinación e de compensación de xeito rápido e preciso, abrindo desta forma o abano de afinación a unhas maiores posibilidades das acadadas polo punteiro fixo tradicional.

O acto de presentación do punteiro, que conta coa colaboración inestimable do Museo do Pobo Galego, rematará coa interpretación dunha peza, utilizando este instrumento, por parte de cada un dos seguintes gaiteiros:

Xosé Manuel Budiño, Ivan Costa, Edelmiro Fernández, Brais Monxardín, Anxo Lois Pintos, Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde, Bruno Villamor.

olaaaa a tod@s!! bueno, hoxe nos é un dia moi bo para min, pero espero que todos vos esteades moi ben! queríavos dicir que podedes subir tamén vos artigos pa poner no blog con fotos vale? asi que quen queira, que me pida a contraseña!! bikiños!!! e non escribades tanto eh!! que vades morrer!! jaja


PD:foto simpática eh!!! para o recordo
seguroooo....: donde comemos?? ai en el campiiiiiitooooo!!!jajaja
carla es una mujer "man - sana" xDD

CaRLiNhA***

miércoles, 27 de febrero de 2008


ola a tod@S!!
vese que o blog non ten moi boa acollida...
aínda que nos deixáchedes comentarios, vou subir outra entrada...
se segue sen ter éxito, quitaréino!
bueno, polo visto, a próxima troula vai ser o día 8 de marzo en meirás city!
jaja
o plan é: cea na miña casa, festinha na miña casa e logo máis festa na Maravilla, xa que Miriam quere ir antes de vacacións de semana santa...
asi que ídevos facendo á idea de que ese sábado hai festa!!
sen máis..

moitos bikiños para todos e unha gran apertaa!!!


poño unha foto de miriam, anita e martín porque si!
jaja

CaRLiNhA**

lunes, 25 de febrero de 2008




Ola a todos!!
Como vedes, Airiños modernízase e chega ata a web en forma de blog
jaja
Antes de nada quería animarvos a que vos tamén participedes e escribades artigos e noticias relevantes neste blog, xa que non é meu, é noso!
Nada máis, xa escribirei máis cousas outro día!

colaborade por favorrr
bikos e apertas a todos!!

CaRLiNhA**