jueves, 28 de febrero de 2008

Punteiro Afinable


O Obradoiro de Gaitas “Lis”, dirixido polo artesán Lis Latas Vilanova, xunto co responsable do control de calidade do mesmo, Pepe Vaamonde, presentan o domingo 2 de marzo, ás 12:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela (San Domingos de Bonaval, s/n), o punteiro afinable. Este novo instrumento, desenvolvido e patentado polo mencionado Obradoiro, é nado da demanda continua dos músicos, por conseguiren un punteiro que lles dea amplitude de afinación e de compensación de xeito rápido e preciso, abrindo desta forma o abano de afinación a unhas maiores posibilidades das acadadas polo punteiro fixo tradicional.

O acto de presentación do punteiro, que conta coa colaboración inestimable do Museo do Pobo Galego, rematará coa interpretación dunha peza, utilizando este instrumento, por parte de cada un dos seguintes gaiteiros:

Xosé Manuel Budiño, Ivan Costa, Edelmiro Fernández, Brais Monxardín, Anxo Lois Pintos, Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde, Bruno Villamor.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

é unha pena que estea en ourense...parece interesante...e si ainda por riba hai actuación!!!
bikossss

escribide ostiaAAA

jajaja

Unknown dijo...

ESO joder ostia puta coño xa, e non digades k non tedes tempo eh!!!

Anónimo dijo...

Unha cousa interesante isto do punteiro afinable, haberá que probar un algún día a ver se de verdade afina XD