
Hoxe quero anuncirvos que este sábado, día 7 de xuño, terá lugar a presentación do XV Festival do Río Castro, na Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío ás 18 horas.
Na presentación actuarán a Escola de Baile "Mario Escudero" e o gaiteiro Antón Varela, presentando a tipoloxía da gaita galega.
Dicir que ó rematar a presentación, haberá degustación de xamón escaldado e unha repichoca na que poderá participar todo o que estea interesado e teña moitas ganas de troula.
Organiza: Asociación de Veciños "O Castelo" de Narahío
Colaboran: Concello de San Sadurniño, ReiZentolo, Sargadelos e a Xunta de Galicia
Se podedes ir, non deixedes pasala oportunidade.
Bicos
1 comentario:
holaaaaa!!!!
pois espero vervos a todos de festa por Narahío!!! este sábado ou polo menos para o festival!!
que é o primeiro de todo o verán!!
e veña festaaaaaa!!!
bikiños
natalia
pd: rógase non leven primas, nin familiares cercanas, nin loxanas, por posibles efectos secundarios (....)
Publicar un comentario