Ola
Saudos a todos
poño esta entrada para informarvos de que o martes 18 hai unha repichoca en Neda se alguen esta interesado en ir deixade un comentario ou enviademe un mail
Saudos
Marcos
domingo, 16 de marzo de 2008
viernes, 14 de marzo de 2008
oLaaaaa
hoxe toca ensaio da Banda e volvémonos xuntar todos!!
jiji
e bueno, hoxe so dicir que comezan as vacacións de Semana Santa e espero que podamos organizar unha troula para estos dias, xa que estou soíña que a miña familia vaise de vacacións...jajaja
bicos a todos e millóns de apertas!!!
CaRLiNhA***
martes, 11 de marzo de 2008
Xantar Gaiteiro

Boas aki vos traio unha nova k pode interesar a "Airinhos"
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidar a tódolo/as seus socio/as ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro domingo 30 de Marzo, ás 14:00 horas, no hotel Jorge I, (carretera de Oviedo, nº 89) , en Lugo.
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados despois do xantar.
O menú consistirá no seguinte:
Cocido: Lacón, cacheira, soá, rabo, carne fresca, chourizo, butelo,
garbanzos, grelos, patacas.
Postre: Filloas con nata e mel, queixo con marmelo.
Auga, Viño da Ribeira Sacra, refrescos, café e chupitos.
Poñerase un servicio de autocar, cun custe de 5 €, dende as principais cidades galegas, a disposición de tódolo/as socio/as que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todo/as os interesado/as deberán indicar no momento de realizar a inscrición se desexan utilizar este servicio.
Para asistir ao XIII Xantar Gaiteiro, debedes facer a reserva antes do día 24 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó teléfono: 986 847 074
máis info en http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/
unha aperta
Muinhos
miércoles, 5 de marzo de 2008

Saúdos a todos
Aqui volvo, aínda que seguides sin comentar...
Bueno, so quería dicir que non vou poder sair este sabado, porque non vou estar recuperada, incluso non sei se poderei ir ó ensayo o venres...espero que si, aínda que teña que estar de pé! jajaja
Pero espero que vos o pasedes moi ben e que tomedes unha copiña por min, ou un copazo...!!jijiji
Moitos bicos para todos!!!
PD: pido dende aqui perdon a Miriam que era a que máis ganas tiña de ir... perdón....
:'(
CaRLiNhA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)